"Para os naturais, a desaparición da cidade de Obóbriga
quedou marcada emotivamente no recordo mediante mitos, lendas e tradicións, tan
importantes como a citada lenda de Santa Eufémia, e tam´m porque no escenario
compreendido entre o Val de Cibrán e a temible Barranca do Franxoso, podense
descubrir sinais, improntas de recintos circulares, surco sen abanico sobre
unha rocha, a inscripción do Penedo do Letreiro e os restos da fortificación de
As Donas, que nos falan ás claras dunha grande cidade sorprendente e
misteriosa.
Visitou personalmente aas ruinas de Obóbriga o bispo Seguín,
xa fai case que mil anos, cando trataba de xestionar o traslado da Santa Eufemia
para Ourense, e deberon ser moi notables os restos que observou, pola forma de
referirse a eles o bispo Muñoz de la Cueva dicindo que, “los naturales señalan, conservando su memoria com el nombre que
retienen de Calles (Quellas) de Santa Eufemia. En las proximidades de un lugar,
que hoy se llama Manín, están estos vestígios de Obóbriga y su antigua
población situada entre los ríos Caldo e Limia”.
Foron numerosos os investigadores que visitaron o Xurés na
procura desta cidade, com resultado infructuoso na maioria das veces como a que
realizou Martins Sarmiento en 1882; en cambio, houbo outros casos concebidos
com mais rigor e mellor método, dois que xurdiran alguns datos, como a visita
organizada por Higinio Garcia. Das súas observacions quedou rexistado un
fermoso traballo no Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense: “En la falda norte, al terminar el corte casi
vertical que comienza en lo mas alto del monte y fforma un despeñadero
escalofriante, hay una extension de hectáreas, a modo de llanura, com cerrillos
y lomas, atravessada en todas as direciones por restos de muros, viéndose que
algunos de aquellos promontórios, por su estrutura, parece están formados com
tierra movida y contenida por paredes en
su mayoría ocultas por vegetación que cubre la vertiente…
Entre los muros que en
la parte no roturada cruzan el monte en todas as direciones, afloran a la
superfície piedras pequenas, formando líneas que circundan espacios de 3 a 5
metros de diâmetro, que sin duda son la coronación deparedes, restos de casas
de primeiros e antiquíssimos pobladores”.
Sería indispensable desenvolver com urxencia unha importante
labor arqueológica nos Vales de Ventoselo, Cibrán, Campelo, Penedos de
Reventafoles, etc. que circundan esta cidade desaparecida, sen perder de vista
a posible existência dunha rede viária indispensable para comunicarse coas
outras poboacións. A existência dunha vía de enlace dende Obóbriga á roman Vía
XVIII de Antonino, é o próprio bispo Muñoz de la Cueva quen nola transcribe do
orixinal romano mediante o seguinte texto: “debió
de ser Obóbriga en lo antíguo consderable Pueblo; pues mandando el Emperador
Antonino hacer, o reparar el itinerário, vía militar o calzada, por donde
pasaban las romanas legiones, lo mandó enderezar por Obóbriga; y esto muestra
el discurso, que era lugar capaz de dar a tantos soldados conveniente
alojamento, para repararse y volver entrar en outro tortuoso y montuoso
caminho.”.
Xose Lamela Bautista
Arraianos, nº 4, pág. 38/39 - Outono de 2005
Sem comentários:
Enviar um comentário