Interessante artigo que encontrei na revista Arraianos sobre a desaparecida cidade de Obóbriga, integrada no, hoje, parque do Xurés.
Dividi a peça em duas publicações a fim de não tornar maçadora a sua leitura - hoje, segue a primeira; optei, também, por manter a transcrição na língua original.
"As duas primeiras referencias que coñecín sobre a cidade
desaparecida de Obóbriga chegáronme directamente da remota antiguidade: unha
documentada por Plínio no século I, na sua Naturalis Historia, na que situaba a
“oppidum” Abobrica por encima de Braga; e a outra, procede dunha lenda que me
relatou a minha avoa Generosa, nacida em 1877, na que associaba esta cidade de
Obóbriga ao martirio da venerada Santa Eufémia, que lle dera nome a unha parte
da serra do Xurés.
E por esa peculiar forma de comunicación próprio da lareira
galega, secuencial e intermitente: de avó a neto, que caracteriza a transmisión
oral nas zonas de montaña, penso que a
lenda, que en principio procedia da miña avoa, deberia remontasse a mais atrás,
á avoa da súa avoa, etc., ou sexa, que tem a súa orixe en tempos inmemoriais.
Falábame a miña avoa dunha localización xeográfica precisa na Serra do Xurés,
en que a poboacion de Obóbriga estaba situada nunha breve chaira da montaña
chamada Cobrán, que se deita á sombra da
barranca terrible do Coto, onde inda non faim oito se podian recoñecer alguns
retos disseminados que se foron diluindo pouco a pouco entre a brêtema das dúbidas e a lonxevidade dos tempos.
Obóbriga, aparece citada no Padrao do Povos de Chaves, e
debeu ser unha populosa cidade moi coñecida na Era de Roma, polos anos 126
durante o imperio de Trajano e Adriano, cando inda duraba a persecución dos
cristiáns; e entre esses que profesaban a fe de Cristo, a nossa Eufemia foi a
mártir emblemática desta cidade, morrendo despeñada, lanzada desde o alto dun
precipício cuxá escabrosidade dá medo ollar.
Fálanos a tradición oral dun episodio da lenda de Santa
Eufemia, transmitido de lareira en lareira e de avoa en avoa, que di que fai
cáseque dous mil anos veu refuxiarse a Santa a un coñecido oco ou cova que
existe naquelas zonas agrestes da serra do Xurés chamada Franxoso, fuxindo do
mundo e da persecución dos enemigos, vivindo das esmolas dos pastores e das
almas caritativas. Antes disso, conta a tradición que estivo ao servicio dun
labrego de Obóbriga que lle encargou como principal mester gardar os pardais
dunha herdade, e tal era o poder da Santa, que mientras se ocupaba de outras
labores, os paxaros non transgredían as ordes de manterse lonxe das herdades.
Xurdiu ao longo dos séculos passados abundante
documentación bibliográfica sobre Obóbriga, tomada case toda dos escritos dos
Bispos Ouresans Afonso II e Seguín, coetâneos respectivamente da aparición do
corpo de Santa Eufémia en Campelo (preto de Obróbiga) en 1090, e da sua
traslación a Ourense en 1159. A partir dos escritos destes bispos, comenzarán a
falar da dita cidade do Xurés relacionada coa Santa Eufémia, os Cronicons, os
Breviarios Bracarense e Auriense, Prudencio de Sandoval (1560), Ambrósio de Morales (1572), Mauro
Castellá Ferrer (1610), Cardoso (1657), Munõz de la Cueva (1700), Matos
Ferreira (1750), Tude de Sousa, etc., etc. Se bem, como observa Muñoz de la
Cueva, algún dos autores citado “confunden as dúas insignes mártires Eufémias”,
atribuindolle á nossa da Galiza outras
fazañas que só cadran com outra Santa Eufémia, a da Calcedónia asiática."
Xose Lamela Bautista
Arraianos, nº 4, pág. 38/39 - Outono de 2005
Sem comentários:
Enviar um comentário